viernes, 30 de mayo de 2014

Mitos desvelados na equisa sobre Lumes forestais

Na elaboración da enquisa engadíronse algunhas cuestións relacionadas coas rutinas que a xente adoita a facer ou falar sobre os lumes forestais. A maioría delas estaban na pregunta 17:
17-Responde verdadeiro ou falso:
  • Un incendio escorrenta os animais salvaxes
  • Unha cabicha non provoca incendios
  • Se non hai chama o incendio está apagado
  • En todas as áreas recreativas podemos facer grelladas en calquera época do ano
  • Os permisos de queima eximen de responsabilidades ao solicitante en caso de que esta provoque un incendio 
  • Para facer pastos é máis rendible queimar o monte que rozalo 
  • O chan incendiado pódese reutilizar sen permisos e sen prazos de tempo 
  • Se un incendio ten varios focos é provocado 
  • Despois dun incendio non quedan vestixios dos que o provocaron 
  • Co solpor hai menos perigo de que arda o monte 
  • Os medios de extinción cobran en función do número de incendios atendidos 
  • Os medios aéreos poden traballar á noite 
  • Os medios terrestres só traballan de día 
  • Todos podemos colaborar na extinción dun incendio forestal
Estes son os resultados obtidos, que indican falsas creenzas e prexuizos respecto dalgúns items.
 
Trátase dunha pregunta de opinión polo que o resultado é orientativo, en todo caso os animais sempre escapan do lume

 
Un lume de subsolo non ten chama e pode estar activo durante moito tempo, é importante vixiar os restos dun lume para evitar reproduccións.
 
O 31% dos enquisados cren que o permiso de queima exime de responsabilidade se ésta produce un incendio o que é totalmente falso. 
Unha das causas dos lumes forestais é obter pastizais.
 
O 14% dos enquisados pensan que non hai perigo de incendio por tirar unha cabicha o que é unha irresponsabilidade.
 
Temos que estar atento á época do ano é á climatoloxía, o feito de estar nun espazo no que se poidan facer grelladas non significa que as poidamos facer sempre.
A lexislación pon prazos e normas para poder reutilizar un solo queimado, é necesario consultala antes de facer calquera actividade agrícola ou doutro tipo para non levarnos sorpresas desagradables coas multas.
Nun lume poden producirse varios focos porque saltan muxicas e iso non significa que sexa provocado 

Os vestixios dos lumes son as "pistas" que buscan os investigadores da BIIF (Brigadas de Investigación de Incendios forestais) para estudar as causas dos lumes. Mais información nesta entrada.

O solpor é a hora elixida por moitos incendiarios para agochar o seu delito porque é mais difícil velos e ademais os lumes son mais difíciles de atallar, non se poden utilizar medios aéreos e as brigadas terrestres tardan mais en acceder ao lugar do lume. 

As brigadas e axentes teñen un soldo fixo independente do número de lumes que apagan, esta é unha falsa creenza que vai en detrimento do esforzo e o traballo que estes profesionais desenvolven.
De momento os medios aéreos dos que dispoñemos non saen de noite a apagar lumes

Os medios terrestres traballan noite e día na extinción dos lumes


Temos que ser prudentes á hora de axudar nunha tarefa de extinción xa que non dispoñemos das ferramentas e vestiario especializado nin dos coñecementos necesarios, e podemos empeorar a situación. Tamén é importante valorar o noso estado físico e a magnitude do lume, ás veces tratando de axudar poñemos en perigo a nosa vida. Debemos obedecer ás ordes dos axentes forestais e corpos de seguridade.

Á vista das respostas observamos que queda por facer unha labor de información importante por parte de tódalas administracións para formar aos cidadáns sobre estes falsos mitos que conlevan imprudencias e perigos no monte.

Resultados da enquisa en imaxe

Respostas da enquisa feita nos distritos XVIII e VIII analizadas pregunta a pregunta segundo resumo de google

Enquisa distrito VIII e XVIII

Enquisa realizada polos alumnos do IES Daviña Rey (DVIII) e polos alumnos do CPI de O Rosal (DXVIII).
  • Descarga aquí o cuestionario en pdf
Reflexións feitas polos alumnos do DVIII